A web da vosa empresa é o punto de entrada por onde todo o mundo accede a coñecer os vosos produtos e servizos. Polo tanto, é necesario que sexa doado de utilizar e que permita o acceso a cada un dos apartados da oferta, do xeito máis sinxelo e guiado posible.

Un bo deseño atrae os usuarios. Un mal deseño cansa e fai que o usuario opte por abandonar.

Bitstudy pode axudar na elaboración e deseño das páxinas web da vosa empresa. Aplicando os coñecementos e a experiencia dos seus deseñadores e consultores, pode axudarvos a definir unha web para a vosa oferta, que sexa:

  • Fácil de navegar: a usabilidade é moi importante, non nos podemos permitir que o usuario se perda no percorrido pola nosa web.

  • Eficiente: é necesario que teña un tempo de resposta óptimo. A espera excesiva fai perder a paciencia e abandonar.

  • Visible: ha de permitir un bo posicionamento nos buscadores. Primordial para a penetración no mercado: que atopen e que poidan acceder ás nosas páxinas sen necesidade de buscalas de xeito expreso.

  • Estética: ha de ter un deseño agradable e acorde coa imaxe comercial da vosa oferta.
Ademais, Bitstudy pode achegar a súa experiencia na xestión de contidos e buscadores intelixentes, para mellorar, aínda máis, as prestacións da vosa web.


© 2007 Bitstudy Solucions Informàtiques, SL. Barcelona. Todos os dereitos reservados · 902 955 866
info@bitstudy.com · legal · mapa web