Produto construído sobre o núcleo MIMS (Minerva Information Management System).

Trátase dunha ferramenta que permite analizar textos non estruturados para clasificalos segundo criterios preestablecidos.

Dirixido a empresas que necesitan identificar, extraer e clasificar grandes volumes de datos procedentes de sistemas de información, sitios web e documentos de texto sen estruturar.

Aplicacións do clasificador de textos:

  • Soporte aos centros de atención a usuarios e clientes, que reciben centenares ou miles de correos electrónicos ou comunicados ao día e que necesitan distribuílos por temática, departamento que o ten que xestionar, nivel de urxencia...
  • Soporte á xestión de sistemas de información con elevado número de documentos, para facilitar a súa clasificación baseándose en criterios preestablecidos.
  • Establecemento automático de relacións entre dous textos (documentos, correos electrónicos, información en xeral) entrados no sistema en diferentes momentos, co fin de clasificalos conxuntamente, deseñar posibles alertas ou tomar determinadas decisións.
  • Control sobre textos que se incorporan ao sistema: filtro de documentos segundo criterios preestablecidos, co obxectivo de retirar os documentos que non cumpren determinadas normas para a súa publicación, ou ben para establecer alertas no caso de información relevante ou de interese para a organización.
 

© 2007 Bitstudy Solucions Informàtiques, SL. Barcelona. Todos os dereitos reservados · 902 955 866
info@bitstudy.com · legal · mapa web