Produto construído sobre a arquitectura MIMS (Minerva Information Management System).
Trátase dunha ferramenta que permite facer buscas complexas en sitios web cun gran volume de información. Grazas á arquitectura MIMS, dispón das seguintes funcionalidades:
- Capacidade de recoñecer a linguaxe natural: as buscas pódense facer sen necesidade de categorizar o que se está a buscar, coa posibilidade de sinónimos e capacidade para interpretar algunhas faltas de ortografía.
- Incorpórase como unha caixa de buscas, pero con resultados moito máis potentes ca un buscador estándar: facilita as buscas guiadas, pide aclaracións en caso de dúbida e aprende de buscas anteriores.
- Nunca devolve un número elevado de posibles respostas. Se se dá este caso, faralle preguntas ao usuario ata establecer criterios de busca máis concretos..
- Pode facer a busca en catalán, castelán e inglés.
|