Minerva é unha asistenta virtual web que lle axuda ao usuario a atopar a información que necesita dentro dun sitio web.
É unha personaxe virtual configurada para comprender as preguntas que lle fan mediante unha conversación tipo chat. Dá resposta cun texto que contén a información que lle solicitan ou mostra unha páxina web relacionada co que lle piden.
Minerva entende a linguaxe escrita de xeito natural. Podémonos dirixir a este asistente virtual como se se tratase doutra persoa, sen ter que utilizar ningún tipo de estrutura prefixada no texto.
Minerva ten incorporado un módulo de carácter. Ten emocións e pódeas transmitir. Segundo o contexto da conversación, as respostas de Minerva poden ser diferentes e vir acompañadas de diferentes reaccións.
Minerva pode ter en conta os intereses que mostra o usuario durante a conversación e, así, darlle a resposta que máis se adapte ao seu perfil.
+ información
+ tríptico Minerva |