O asistente virtual móbil é un produto que combina a tecnoloxía do núcleo MIMS (Minerva Information Management System) co uso da canle de comunicación sms.
Actualmente, a necesidade de memorizar diferentes etiquetas para acceder ao servizo que se ofrecen, vía canle sms, é un inconveniente que lles fai perder a paciencia aos usuarios e que os desmotiva.
O asistente virtual móbil permite utilizar a canle sms facendo uso da linguaxe natural. Polo tanto, unha organización que dispoña de diferentes servizos sms poderá prescindir das etiquetas.
O asistente virtual móbil de Bitstudy sabe interpretar os textos sms realizados en linguaxe natural e redireccionar a petición ao destinatario axeitado..
Ferramenta moi indicada para empresas que ofrecen diferentes servizos e que, ata agora, tiveron que recorrer ás etiquetas para diferencialos.
Moi indicado tamén para a creación dunha canle de entrada de consultas dos cidadáns para que, vía sms e de xeito doado, poidan redirixir consultas ou peticións á Administración. |