Para as empresas, as últimas tecnoloxías en mobilidade axudan a resolver as dificultades asociadas ao traballo en desprazamento polo territorio, facilitando a comunicación permanente entre as persoas do equipo ou o envío de información de interese para os nosos clientes e asociados.
Para os particulares, poder xestionar, enviar ou recibir mensaxes, dende calquera lugar e a calquera lugar, facilita o contacto cos nosos ámbitos de relación, colectivo de amigos, comunidade de profesionais, etc
E para todos os usuarios en xeral, poder acceder a información relevante, dende calquera lugar, utilizando dispositivos sinxelos coma o propio móbil, PDA ou portátil, dános autonomía e afórranos tempo e esforzo, facilitándonos os trámites e xestións persoais ou o traballo do día a día. |