Hermes é unha ferramenta para a xestión de mensaxes sms que permite, ademais da confección e envío de mensaxes sms, manter unha axenda con listas de distribución.

O usuario poderá ampliar o contido da axenda importando listas de destinatarios a partir dun ficheiro csv. Pódense enviar mensaxes directamente a un destinatario da axenda, sen máis necesidade ca un texto e o seu número de móbil.

Agora ben, Hermes tamén prepara as mensaxes en formato "pedido", asociándolle diferentes parámetros que poden facilitar a xestión dos envíos máis complexos: texto da mensaxe, data e hora de envío, ventá horaria prudencial para a recepción das mensaxes non urxentes, criticidade da mensaxe, xustificante de recepción e, loxicamente, destinatario ou lista de destinatarios do envío.

A mensaxe asociada a un pedido sairá do sistema á hora de envío programada.

Unha vez activado o pedido, Hermes dispón de ferramentas para a súa monitoraxe.

+ información



Características principais

  • Envío de sms individual e masivo
  • Seguimento das propias mensaxes sms
  • Administración e xestión da axenda
  • Creación de listas de distribución
  • Monitoraxe dos pedidos

© 2007 Bitstudy Solucions Informàtiques, SL. Barcelona. Todos os dereitos reservados · 902 955 866
info@bitstudy.com · legal · mapa web