As novas tecnoloxías, cada vez máis, favorecen o traballo sen ataduras a infraestruturas físicas, pero en comunicación permanente co mundo que nos rodea.
Agora xa é posible dispoñer de dispositivos que reúnan estas dúas características:
- baterías moi potentes: portátiles ou tablet pc que poden traballar durante moitas horas de xeito autónomo.
- conexións sen cables dende calquera lugar: grazas á implantación de tecnoloxías WWAN (Wireless Wide Area Network). Cada vez máis dispositivos incorporan estas tecnoloxías que permiten o acceso a internet e a transferencia de datos dende calquera lugar remoto, cun bo ancho de banda.
Esta combinación permite un novo paso na utilización das novas tecnoloxías: traballar dende calquera lugar, con conexión real á rede, sen ningunha outra necesidade que un dispositivo que ás veces non pesa máis de 1,5 kg.
escritorio móbil 
Solucións de software en mobilidade. Baseándose nesta tecnoloxía, Bitstudy desenvolveu unha arquitectura específica para a construción de solucións especializadas que permiten obter o máximo rendemento destes dispositivos.
Estas solucións van dirixidas a todos os profesionais que teñen que traballar desprazados do seu despacho, pero que, a miúdo, necesitan xestionar, enviar e recibir información actualizada: servizos médicos de urxencias, profesionais da seguridade, enxeñeiros, arquitectos, equipos de asistencia en estrada, visitadores comerciais, profesionais do transporte e da loxística...
+ información
+ tríptico Hermes |