nós

Bitstudy é unha compañía nova, de recente formación. Os seus profesionais son os que achegan a experiencia que o mercado reclama. Empresa dedicada aos servizos informáticos de alta calidade, comprometida co desenvolvemento e a innovación, colabora cos seus clientes para lles axudar a gozar e a sacar o máximo partido das novas tecnoloxías, cada vez máis presentes nas nosas vidas. Tanto se se trata de empresas coma de usuarios particulares, bitstudy encárgase de aplicar a tecnoloxía ás súas necesidades.
misión

A nosa misión é
ACHEGAR A TECNOLOXÍA ÁS PERSOAS
axudándolles a resolver as dificultades que presenta a tecnoloxía.
Paradoxalmente, o exceso de información que se pode atopar, na rede en xeral ou no seo dunha grande organización empresarial ou Administración pública, dificulta o acceso a esta e non permite unha xestión adecuada en moitos ámbitos do coñecemento.
Bitstudy quere facilitar o acceso á información para todos, de xeito doado, guiado e personalizado:
- evolucionando a idea dos buscadores habituais, creando asistentes virtuais que faciliten a obtención da información de xeito guiado e utilizando unha linguaxe próxima ao usuario
- explorando novas canles de acceso á información
- eseñando ferramentas para a xestión dos contidos
Consideramos que é o usuario final quen está a demandar, cada vez máis, utilizar a tecnoloxía para estar permanentemente conectado a un mundo virtual que lle achega gran cantidade de información.
Os produtos que queremos crear son previamente escollidos para axudarnos a evolucionar cara ao noso estadio final: a obtención de ferramentas e servizos orientados a facilitar a aproximación da tecnoloxía a todas as persoas.
factores diferenciais 
- Apostar claramente por produtos e servizos de calidade que axuden á consecución da nosa misión.
- Darlles prioridade aos que proporcionen máis valor aos usuarios.
- Velar para superar a ruptura cultural, cada vez máis evidente, entre as novas tecnoloxías e os usuarios pertencentes ás culturas máis minoritarias.
- Dirixir os nosos esforzos para conseguir ser referente no mercado pola calidade e a fidelidade a unha filosofía de traballo.
|