Dende un inicio, formulámonos que esta, a nosa empresa, non pode ser como as demais, temos que ser diferentes e, por ese preciso motivo, optamos por potenciar, dentro da nosa organización, un departamento orientado á realización de obra social.
A Fundación Vicente Ferrer (FVF) é unha ONGD (organización non gobernamental de desenvolvemento) comprometida co proceso de transformación dunha das zonas máis pobres e necesitadas da India, Anantapur, e dunha das comunidades máis pobres e excluídas da India, os dálits ou intocables. O seu fundador, Vicente Ferrer, leva máis de 50 anos traballando na India xunto aos máis desfavorecidos.
A FVF está formada por dous equipos: un equipo español e un equipo indio que traballan conxuntamente para erradicar a pobreza e as desigualdades sociais de Anantapur. Na India, Rural Development Trust, RDT (Consorcio de Desenvolvemento Rural), fundado por Vicente Ferrer en 1969, funciona como un organismo social, respectuoso co contorno e protagonista dun proceso de transformación, cun obxectivo último: o desenvolvemento da comunidade.
RDT non busca solucións inmediatas, senón unha continuidade no tempo e unha permanencia ilimitada nunha mesma zona.
Na actualidade, o traballo de FVF-RDT esténdese por unha superficie de 13.000 km², en 1.500 vilas, e beneficia a 2.000.000 de persoas.

|